trabajo_en_equipo
12
Abr

A importancia de traballar en equipo

Como a todo nesta vida, a traballar en equipo tamén se aprende, pero…. para que? Por que teño que traballar en equipo? E facedes ben en preguntalo.

É de sobra coñecido que as decisións tomadas en grupo levan máis tempo que as individuais (non temos más que ver o exercicio da NASA baseado en dinámicas de grupo, se algunha vez o fixestes saberedes que se tarda case o dobre en facelo en grupo que individualmente). Entón, se supón un custo temporal, por que se toman decisiones grupais? Pois porque son mellores, sen máis. Mellores porque xeran un maior número de ideas, crean máis posibilidades, debátense as diferentes opcións e permite observar aspectos que unha soa persona non se plantexaría, entre outras moitas razóns que poderíamos seguir enumerando.

Pero traballar en grupo non só supón unha mellora a nivel de eficiencia no noso traballo, tamén nos aporta moitas cousas a nivel persoal. Compartir experiencias con diferentes persoas, que teñen vivencias distintas ás nosas, que pensan doutro xeito e ven as cousas desde outra perspectiva nos fai crecer como persoas, pois con cada razoamento ou argumento están a ampliar o noso coñecemento e a nosa visión do mundo.

Canto máis diverso sexa o grupo máis nos vais a aportar, pois as perspectivas serán máis heteroxéneas e xerarase maior contraste nas respostas ou solucións a un problema. E, ademais, será máis divertido!!! Pero para que un grupo traballe ben e resulte eficiente, ademais de facernos crecer persoalmente, deben cumplirse unha serie de condicións:

Debe haber confianza entre os membros do equipo. Se o grupo se coñece previamente xa haberá conexión entre os membros que axilizará a xeración de ideas ou solucións e permitirá que todos aporte a sua opinión libremente, sen sentirse xulgados. No caso de que o grupo non se coñeza é importante que os membros sexan persoas seguras de sí mesmas, que non teman dar a súa opinión e que, ó mesmo tempo, non xulguen as aportacións dos demais e se o fan, que sexa sempre dende unha perspectiva obxectiva e dende a crítica constructiva,

Relacionado coas críticas, a empatía é un concepto moitas veces esquecido por todos nós. Temos que poñernos na pel da outra persoa, tanto cando nos está a dar a súa opinión como cando “criticamos” a súa visión, porque podemos dicirlle os erros que cometeu, pero sempre como axuda para mellorar, nunca dun modo destructivo. Debemos ter a empatía suficiente como para saber dicir as cousas para non ferir ás persoas, pero sen deixar de dicir o que pensamos verdadeiramente, pois iso será o que aporte valor ó grupo.

Ademais, é importante que o grupo estea motivado e para iso o primordial é que todos teñan unha mesma meta, un obxectivo común. Se todos queren chegar a un mesmo fin, desexan alcanzalo, todos avanzarán na mesma dirección, por moi diferentes que sexan entre eles ou por moi diversos que sexan os intereses personais por alcanzar esa meta. Se queren chegar ó mesmo punto farán o que estea nas súas máns para logralo.

Outro elemento interesante é a cohesión. O grupo debe sentirse como un todo, que todos pertencen ó mesmo grupo, ó mesmo proxecto, que son un. E que son eles mesmos os que toman as decisións, se veñen dadas por alguén de fóra non se involucrarán tanto, a motivación descenderá e o grupo non mostrará unidade

Por último, é fundamental respetar a comunicación. Debemos manter abertos tódolos canais comunicacionais entre o grupo, en tódalas direccións posibles. Con isto estamos a referirnos a que o grupo debe poder falar de igual a igual pero, nalgúns momentos, tamén debe poder manter certa xerarquía onde a dirección da comunicación vaia de arriba cara abaixo (do líder ó grupo para organizar certas tarefas, por exemplo) e de abaixo cara arriba (para que o grupo suxira cambios ó lider). Pero sempre tomando as decisións entre todos. A posición do líder consistirá na xestión das persoas que forman parte do grupo para poder realizar un traballo moito máis eficiente.

Se cumplimos todas estas condicións ou, polo menos, unha parte delas, poderemos conseguir que o traballo en grupo non só sexa efectivo para a empresa, organización ou servizo. Se non que, a nivel persoal, permitiranos traballar con perfís moi diversos, multidisciplinares, que nos aportarán unha información e unha visión das cousas que probablemente non alcanzaríamos se traballásemos sos.

Leave a Reply