Design thinking en Berlin
10
Mai

Design Thinking en Berlín

Se hai un país importante no ámbito do deseño ese é Alemaña, alí naceu a colonia do Mathildenhöhe e a escola da Bauhaus, que sentaron as bases do pensamento de deseño ou Design Thinking. Tamén é o país do gran Dieter Rams, deseñador da compañía Braun e todo un referente incluso para o mesmísimo Jonathan Ive, xefe de deseño de Apple, quen admite que moitos dos deus produtos inspíranse nos que realizou a compañía alemá.

Foto1

Coa intención de conectar coas nosas orixes do Design Thinking e pensar literalemente fóra da caixa, a semana pasada viaxamos a Berlín. Desde a nosa chegada á cidade chamounos a atención o seu ritmo frenético, que en nada ten que envexar ó de outras grandes cidades como París ou Londres.

Tras unhas horas empatizando cos berlineses, detectamos un dos insights que para nós explican este ritmo, as estacións de metro. A diferenza doutras cidades, para coller o metro en Berlín non tes que dar longos paseos subterráneos que rematan por desesperarte. Aquí simplemente baixas un tramo de 10 a 15 chanzos e xa accedes ó vagón.

Por se isto fora pouco, tamén conseguiron rematar co “xogo” da búsqueda do mapa do metro para saber onde está situada a estación na que te atopas e cara onde vas. Isto resolvérono situando un gran mapa coma o da seguinte foto fronte ó andén. Podemos dicir que as estacións de metro de Berlín son un exemplo perfecto de Design Thinking aplicado á experiencia de usuario.

Foto2
Desde o metro dirixímonos ó Reichstag (o parlamento alemán), concretamente a ver a súa vangardista cúpula, un deseño do arquitecto inglés Norman Foster. A cúpula, realizada en vidro, sorprende pola orixinal idea do xogo de espellos que reflexa a luz exterior no interior da cámara de debates. Isto quere representar a transparencia do sistema económico xermano e a reunificación alemá.

Foto3

No seu interior alberga un mirador, ó que se accede mediante unha rampa helicoidal dobre e desde o que se pode apreciar unha das mellores panorámicas da cidade. No dito mirador hai un banco circular que rodea unha especie de funil que serve de sistema de ventilación da cámara inferior. A cúpula do Reichstag, para a que estamos seguros de que tiveron que facer máis dun prototipo, é outro exemplo do mellor Design Thinking, neste caso aplicado á arquitectura.

Foto4

Despois duns días desfrutando a cidade e cando xa críamos que o víramos todo, no aeroporto principal de Berlín esperábanos outra sorpresa. Os aseos do edificio contaban cunhas tablets que solicitaban ó usuario o seu feedback sobre a limpeza dos mesmos.

Foto5

En definitiva, poderíamos facer unha analoxía entre esta viaxe a Berlín e un proceso de Design Thinking. Comezamos por empatizar coa cidade e os seus habitantes, detectamos os insights, vimos ideas moi boas que se prototiparon e se levaron a cabo e rematamos dando o feedback 😉

Como design thinker, pódese pedir algo máis? 😛

Leave a Reply