Superar la vuelta al trabajo
6
Sep
2016

6 consellos para superar setembro e afrontar a volta ao traballo

Como afrontar a volta ao traballo e non morrer no intento

 Durante as últimas semanas (ou meses) moitos de vós tivestes a sorte de desfrutar dunhas marabillosas vacacións con sol, praia, montaña, longos paseos, a brisa do mar, un baño nun lago ou visitando grandes edificios emblemáticos e desfrutando da cultura de diferentes lugares.

Pero con setembro chega o fin das vacacións e a volta á realidade: a rutina. E con ela o traballo (e os madrugóns!!). Pero non hai que desanimarse, coa volta ó traballo tamén voltan as caras coñecidas, os compañeiros de traballo, as comidas na casa ou ver series pola noite mentres nos relaxamos no sofá. Así que hoxe vos propoñemos afrontar a volta ó traballo con optimismo e para isto deixámosvos algúns consellos para superar setembro con éxito:

Consellos para superar setembro

yoga-vuelta-al-trabajo

1.Practicar deporte, saír a camiñar ou ir ó traballo en bici. Practicar exercicio produce a liberación de endorfinas, que xeran sensación de pracer, felicidade e poden ter un efecto analxésico natural.

2.Retoma as túas aficións. Volver a dedicar tempo ás cousas que máis che gusta facer axudarache a ver o lado bo de voltar á rutina.

3.Organiza e distribúe as tarefas na medida do posible. É mellor retomar pouco a pouco as tarefas, organizalas por prioridade e facer primeiro aquelas que son máis urxentes. Tratar de abarcalo todo xusto cando voltamos das vacacións pode xerar un alto grao de estrés que acabará pasando factura.

4.Procura manter unha boa hixiene do sono. Para isto é importante manter unha rutina, deitarse a unha hora prudente e similar cada día e non empregar o teléfono móbil ou o portátil na cama xusto antes de durmir, xa que isto pode activar o noso cerebro impedindo o desencadeamento do sono.

5.Coida a túa alimentación. Igual que é importante coidar o sono tamén o é coidar a nosa alimentación, tomar suficientes nutrientes (equilibrar a inxesta de proteínas, hidratos e graxas) e vitaminas axudaranos a previr enfermidades de cara ó outono e a manter o noso corpo en bo estado para afrontar as tarefas do día a día.

6.Actitude positiva. Trata de ver as cousas desde unha perspectiva máis optimista, como diciamos, a volta ó traballo pode ser vista como unha volta a rutina, ou ben como unha oportunidade para retomar a relación cos nosos compañeiros e compañeiras de traballo ou para voltar a facer rutinas de ocio que nos gustan (como ver series, ir ó cine, ir a comer ó noso restaurante favorito…).

Así como xaneiro, setembro pode ser o mes dos propósitos. Nós xa estamos tratando de mellorar a nosa alimentación e o noso sono, facer algo máis de deporte e organizarnos un pouco máis. O da actitude positiva xa o levamos de serie 😉

Leave a Reply