Aplicación del Design Thinking en salud
26
Jul
2016

Casos de éxito da aplicación do Design Thinking en saúde

Exemplos exitosos de organizacións que aplicaron o Design Thinking en saúde

Son numerosos os casos de éxito que coñecemos a día de hoxe sobre a aplicación do Design Thinking no ámbito sanitario. Algúns xa os comentamos e outros pasaremos a mencionalos a continuación, porén, queremos destacar como a maior parte dos casos de éxito que existen son de fóra do noso país. Isto fai patente a necesidade de implementar esta metodoloxía nos nosos sistemas de saúde co obxectivo de melloralos, incrementar o rendemento e, por riba de todo, mellorar a experiencia do paciente cando acude a estos servizos.

Memorial Hospital of South Bend

O Memorial Hospital e o sistema de saúde do lugar colaboraron con IDEO no 2002 obtendo axuda para desenvolver un novo centro para o tratamento vascular e do corazón no hospital. Comezaron por observar a contorna do hospital en situacións reais, seguindo e observando a pacientes, enfermeiros e médicos durante semanas. Tamén levaron a cabo unha inmersión profunda, mediante 3 obradoiros de 2 días cada un, onde sintetizaron toda a información recollida a través de brainstormings e ferramentas de visualización, xerando novas ideas e prototipos sobre o deseño do novo centro.

Este proceso fixo que o persoal do hospital se involucrase profundamente no desenvolvemento do novo deseño, detectando numerosos problemas e áreas de mellora. Pero tamén conseguiron xerar solucións para cada un deles. O que máis beneficio obtivo foi a mellora do traballo en equipo, incrementándose a motivación e favorecendo un clima de traballo máis aberto, menos xerarquizado, que respecta a diversidade de habilidades no lugar da antigüidade ou posición e, en contraste, reforzando ó equipo para a busca da mellora aínda que non se teñan todas as respostas.

A Clínica Mayo

Jack-and-Jill-Rooms-3-1

A Clínica Mayo traballa activamente coa metodoloxía do Design Thinking, polo que en 2008 decidiron crear o Centro para a Innovación (CFI), actuando coma unha ponte entre o Design Thinking e a práctica da medicina. O CFI ten un laboratorio nas súas propias instalacións onde realizan observacións, entrevistas e investigación con pacientes, familiares e usuarios. Ademais, traballan con visualización, modelado, prototipado e testeo de posibles solucións de prestación de servizos de saúde. Pero non só iso, tamén tratan de empregar un sistema de resolución de problemas que vai máis aló do proceso de análise ou mellora da calidade.

Un exemplo de proxecto que foi implementado no hospital foi o chamado “Jack & Jill Rooms”. A idea deste proxecto é que só unha pequena parte das reunións dos pacientes inclúen exames físicos mentre que a maioría das habitacións están equipadas para isto. As habitacións clásicas para as revisións estaban illadas e resultaban inadecuadas para a comunicación colaborativa co paciente, mentres que as habitacións do hospital Jack e Jill estaban equipadas para isto. As habitacións situábanse ós dous lados das salas de revisións físicas e contaban con monitores e espazo para as familias. Todo isto facía que a comunicación colaborativa fose mellor, pero ademais permitía unha mellor disposición da sala de revisións, incrementando deste xeito as visitas dos pacientes.

Chief Andrew Isaac Health Clinic

Co obxectivo de desenvolver unha nova e especializada clínica para pacientes externos, o xefe de saúde clínica Andrew Isaac contratou a deseñadores para entender os problemas e condicións dos pacientes. Os deseñadores fixeron un traballo de campo para ver como eran os hábitos de vida das persoas e así entender a súa cultura, o seu sentido de comunidade e expectativas ante un provedor de saúde. Despois fixeron 12 traballos intensivos para entender os problemas e condicións das antigas instalacións. Todo este esforzo resultou nun modelo completamente novo de como levar a cabo os coidados nas novas instalacións.

Chief-Andrew-Isaac-Health-Clinic

Kaiser Permanente

Kaiser Permanente é a maior organización de EEUU en relación á administración de coidados. As súas funcións son moi diversas, polo que xestionar unha estratexia coherente para a innovación e a mellora do traballo é unha tarefa moi complexa. A solución foi xerar o “Equipo de Innovación”.

A raíz da colaboración con IDEO en 2003, Kaiser Permanente creou un pequeno equipo de traballo encargado de emplear a metodoloxía do Design Thinking, co obxectivo de desenvolver un proceso máis eficiente para as actividades de alto valor dentro da compañía. A través dun proceso de deseño centrado nas persoas levan a cabo proxectos coidadosamente escollidos en áreas de mellora para enriquecer a experiencia dos pacientes e as experiencias de traballo dos empregados.

Un dos proxectos levados a cabo con éxito foi mellorar a forma en que as enfermeiras intercambian a información sobre os pacientes nos cambios de quenda. O equipo de innovación detectou que este proceso era demasiado longo, normalmente 45 minutos, o que levaba a un retraso na chegada das enfermeiras á primeira interacción co paciente. Ademais, as enfermeiras escribían a información cada unha ó seu modo, sen seguir unha sistemática concreta. A través de observacións e analizando os cambios de quenda propuxeron realizar o intercambio de información á carón do leito do paciente, animado ós mesmos a participar nese intercamvio, asegurando unha mellor cobertura da información. Tamén se implementou un novo software para compilar a información nun formato estandarizado.

Whittington Hospital

O Whittington Hospital tiña un obxectivo moi claro: reducir os tempos de espera e aumentar a satisfacción dos pacientes. Aplicando o Design Thinking crearon uns puntos de entrega de receitas, cunha sala de espera específica, evitando as colas e as longas esperas. Por outra banda, melloraron a comunicación farmacéutico-paciente e o seguimento da medicación con áreas reservadas para consultas máis confidenciais e privadas. Todo isto tradúxose nunha maior satisfacción dos pacientes e familiares co novo servizo. Un aumento nas ventas e un incremento da motivación do persoal do hospital.

Patient App

patient-app

Trátase dunha contorna moi sinxela a través de aplicación móbil para pacientes e visitantes da clínica Mayo. Esta app axuda ás persoas a atopar información, itinerarios e tempo de permanencia das actividades dentro e fóra da clínica, así como recibir información centrada no paciente relacionada con mensaxería, educación e citas.

A aplicación lanzouse na Apple Store e en MayoClinic.org o 15 de maio de 2012. O primeiro día descargouse máis de 1.000 veces. Os usos actuais desta app son citas de revisión, documentos clínicos, resultados de laboratorio, o equipo de atención, medicamentos e vaciñas, así como a comunicación cos provedores.

Desenvolvendo materiais de comunicación sobre a detección do cancro de peito

what_breast_cancer_looks_like

E o  Design Thinking  tamén é aplicable á hora de facer algún tipo de comunicación. Worldwide Breast Cancer é un recurso en liña que facilita a comprensión dos conceptos básicos de detección de cancro de peito a través dun bo deseño.

É diícil facer unha comunicación ilustrada sobre a detección do cáncer de peito, ademais, xeralmente os peitos asócianse ó sexo e resultan un tema tabú. Outra das dificultades que se atoparon para realizar a comunicación sobre este tema foi a comunicación cara persoas analfabetas. Por isto creouse un deseño de fácil compresión, agradable, nada agresivo e que facilitase a tarefa de emitir e recibir a mensaxe sobre a concienciación co cancro de peito.

Leave a Reply