bienestar en el trabajo
6
Sep
2017

Claves para fomentar o benestar no teu lugar de traballo

Primeira semana de setembro e somos moitos os que nos reincorporamos á vida laboral, aínda con grans de area entre os pés, algunha que outra ferida dunha excursión pola montaña e o sabor a café daquel almorzo tan marabilloso durante as nosas vacacións… A volta a rutina sempre é algo dolorosa, pero tamén ten cousas boas!

Volver a empezar outra vez

Non nos referimos só a atoparse de novo cos compañeiros, a volver a quedar cos amigos de sempre, a volver a desfrutar dos nosos hobbies… Referímonos tamén a esa especie de ano novo que nos poñemos en setembro, é dicir, ós propósitos. Setembro é un bo mes para programarse novos propósitos e instaurar novos hábitos de aquí a finais de ano e nós propoñémosvos mellorar o benestar no voso lugar de traballo 🙂

Como fomentar o benestar no teu lugar de traballo

Hai moitas cousas que podemos facer para sentirnos mellor na contorna laboral e que repercutirán na nosa saúde e calidade de vida. Nada do que vos propoñemos é complicado e estamos seguros de que estes tips ou consellos axudaranvos a conseguir un maior benestar no voso traballo, a sentiros mellor física e psicolóxicamente e en resumo a ser máis felices 🙂

Mantén a orde no teu lugar de traballo. Non só por produtividade, xa que ó ter o teu lugar de traballo ordenado non perderás tempo buscando obxectos, papeis, etc., senón polo teu propio ben e para evitar enfados cando non atopes as cousas, ademais a orde reláxanos, non o cres? Mira estes dous escritorios, non te relaxa ver o que está ordenado, listo para sentarse e comezar a traballar? 😉

escritorios orden

Coida a túa postura corporal. Punto especialmente dedicado a todos os que traballamos nunha oficina. Pasarse 8 horas sentado non é bo e menos se non mantemos unha postura correcta. Somos conscientes de que moitas veces é difícil pensar en como estamos sentados cando nos atopamos inmersos no medio dunha tarefa que require toda a nosa concentración, simplemente nos sentamos e punto. Pois ben, este setembro proponte ser máis consciente do teu corpo cando esteas na cadeira da túa ofi, o teu lombo agradeceracho!

Escoita música. Hai quen di que a música non axuda no traballo, que máis ben distrae. Pois non, o importante é elixir unha música adecuada ó teu traballo: se estás facendo unha tarefa mecánica escoita música repetitiva que te axude a realizala unha e outra vez; se tes que estar moi concentrado mellor escoitar música relaxante; se polo contrario é un traballo con movemento e que esixe ir a un bo ritmo pois ponte algo forte que te axude a ir rápido.

escuchar musica

Sorrí. Sorrir a outra persoa a maior parte das veces provoca reciprocidade. Pénsao, non che pasou algunha vez que viches ó teu compañeiro do lado sorrindo e de pronto comezaches ti a sorrir sen saber por que el sorría primeiro? Pois a iso nos referimos, se eu sorrío ti sorrís 😉

Concédete tempo para ti mesmo. Fundamental facelo na túa vida diaria levando unha alimentación saudable, durmindo 7 ou 8 horas, facendo algo de deporte, pasear, etc., e tamén hai que concederse tempo no lugar de traballo: un café ou infusión a media mañá, levantarse da cadeira e darse un paseo ó outro extremo da oficina, despexarse un pouco entre unha tarefa e outra… hai moitas formas para facer este punto e a túa mente agradeceracho moito.

Esperamos que estes consellos vos axuden coa volta ó traballo e vos fagan conseguir un maior benestar, ao fin e ao cabo somos persoas e o máis importante é que nos atopemos ben, se é así seremos máis felices e poderemos traballar máis e mellor 🙂

Leave a Reply