5
Jan
2017

Como cumprir os nosos propósitos sendo organizados

Coa entrada dun novo ano son (somos) moitas as persoas que nos propoñemos unha serie de propósitos para cumplir ó longo do 2017. Porén, se botamos a vista atrás, veremos que non cumprimos todos os propósitos que nos fixeramos no ano anterior.

Por que non se cumpren os propósitos de Aninovo?

É certo que ó longo dun ano as circunstancias cambian moito, xurden novos factores que nos fan replantexarnos as cousas, aparecen situacións que complican o cumprimento dos propósitos e vivimos experiencias que modifican a nosa forma de vivir.

É por todo iso que os propósitos de ano novo moitas veces non chegan a cumprirse, pero está nas nosas mans conseguilo. En primeiro lugar debemos tratar de propoñernos propósitos realistas, que dependan de nós mesmos, que se poidan subdividir en obxectivos máis pequenos e que nos resulten motivantes. Porén, hai un factor que resulta fundamental, tanto para cumplir os nosos obxectivos como para a nosa vida diaria, trátase da ORGANIZACIÓN. Algunhas persoas son moi organizadas e encántalles a orde e a pulcritude, outras son (somos) un chisco máis caóticas, pero para todo hai solución e aquí vos deixamos uns consellos para ser máis organizados, que en DesignThinking.gal empezaremos a poñer en práctica desde xa 😉

calendario1

5 consellos para ser máis organizado

-Ten un calendario sempre a man: ben sexa en formato papel, axenda ou dixital… pero ten un calendario sempre contigo onde anotar todas as citas, reunións, prazos de entrega de proxectos, listas diarias de cousas por facer, etc.

-Converte as listas no teu mellor pasatempo. Adica uns minutos cada día ou semana a facer listas das cousas que debes realizar e procura ordealas en función da importancia e a urxencia. Establece tempos (realistas) para cada tarefa, así evitarás adicar demasiado tempo a unha en detrimento das demais, tamén evitarás pospoñer aquelas máis aburridas.

Seguimento. Este punto vai unido ós dous anteriores, controla os proxectos e eventos que tes no teu calendario e xunto coa lista comproba como avanzan na súa realización (se hai algún proxecto que deixaras parado, algunha reunión que non tiveras en conta, etc.).

-Convértete en todo un escritor. Cada día realizamos numerosas actividades, temos multitude de reunións e tarefas… o que fai que moitas veces non nos acordemos de todo, por iso é importante que o escribas, ben sexa na axenda, nunha libreta ou en documentos aloxados na nube. Escríbeo todo e así nunca perderás a información.

-E cóidate. Adícate uns minutos ó día e reserva algunha hora da semana para ti, cóidate porque ninguén pode facelo por ti e porque sen saúde (entendida como o equilibrio a nivel físico, psicolóxico e social) non imos a ningures 😉

bienestar-tiempo

Leave a Reply