señor lobo sin fondo
16
Feb
2016

Convírtete no teu propio Señor Lobo: fai medrar a túa capacidade de solución de problemas

Cando falamos de Design Thinking a menudo afirmamos que nos fai capaces de resolver problemas complexos e detectar novas oportunidades de negocio. Seguir esta metodoloxía permítenos descompoñer o problema e problemas máis pequenos que son máis fáciles de abordar e así, comvírtese nunha tarefa fácil de resolver. Todo soa ben, pero en realidade non é tan fácil; requírese entrenamento e, por suposto, habilidades, moitas das cales están moi relacionadas cos temas que xa falamos neste blog, como a empatía, o traballo en equipo, colaboración, etc. Todo este conxunto de habilidades é o que chamamos a capacidade de resolución de problemas.Hai un feito que non se pode pasar por alto, as cousas complícanse e saen dun xeito diferente do que pensáramos, aínda coa mellor planificación. Hai feitos que non podemos controlar e hai que estar preparados para actuar nesas situacións.

Non importa se necesitas mellorar os resultados da túa empresa, obter mellores contactos e máis produtivos, atopar unha nova forma de desenvolver a túa carreira; agradecerás ter unha boa capacidade de resolución de problemas. Esta mentalidade ou actitudes ante os problemas axudarate en moitas tarefas diferentes que atopes na tua vida cotiá.

Se es capaz de adoptar unha mentalidade de resolución de problemas, estarás máis seguro e listo para a acción cando sexa necesario, verante como un compañeiro no que poden confiar e unha parte moi importante do equipo.

Pero, como podemos conseguir esa forma de penasr? Aquí temos 5 dos donceptos máis importantes que son intrínsecos á metodoloxía do Design Thinking e que debes ter en conta cando se che presenta un problema:

Tómao con calma. Non perdas os nervios, hai situacións que poden ser moi difíciles e que te poden facer pensar nas consecuencias antes de que acontezan, enfadare e perder o tempo que che queda para resolvelo queixándote en vez de solucionalo. Perder as formas afectarate a ti e ao teu equipo, e moitas ideas e solucións nunca chegarán a descubrirse se isto acontece. Tes que aceptar a situación e buscar os aspectos positivos que ten.

Acepta o desafío. Non o tomes como un problema, unha ndor de cabeza ou unha carga, pensa nel como unha oportunidade para demostrar o eu valor, o que fará que pareza moito máis fácil con bastante rapidez. Os problemas non desaparecen facendo caso omiso deles, se os teus competidores o están facendo mellor que ti, quizá non sexa só sorte, tal vez poidas mellorar o rendemento; simplemente afróntao.

Vólvete curioso e obtén información fiable. Xa falamos de que a imporancia da empatía é obter a maior cantidade de información veraz e útil para os nosos proxectos. Isto será fundamental para o resultado do mesmo. Non mires as cousas, obsérvaas; realiza unha observación activa dos feitos e pregúntate por que as cousas son como son, aínda se sempre foron así. Non teñas medo de preguntar, as cousas moitas veces non teñen unha razón para ser dunha determinada maneira, simplemente son así porque era o mellor naquel momento para unha persoa concreta, pero sen duda pode ser mellorado.

Define o desafío. Se queres resolver algo, mellor que sepas o que é máis importante, o que queres conseguir. Da un paso atrás e considera por que é importante para ti (sal fora da caixa), axudarate a velo claro. Se non sabes cal é o obxectivo final, todo o teu esforzo pode simplementeservir pra cambiar o problema ou ocultado por un tempo, pero non resolvelo. Pensa que traballas nun equipo que ten que resolver un problema, pero non está claro o porque do mesmo, non hai un horizonte á vista nin unha dirección á que dirixirte; nesa situación é probable que o teu equipo comece a quebrarse e a tomar diferentes direccións que poderían rematar nun desastre.

Sé crítico e autoesixente. As cousas ás veces teñen solucións comúns ou tradicionais e que ás veces poden resultar axeitadas, pero estamos buscando a mellor. As primeiras solucións que veñen á mente son normalmente bastante ovcias e levarante ata o punto onde comezaches. Se desexas realmente impactar e innovar, trata de ir máis lonxe, traballa en equipo, comparte ideas, tantas como sexa posible, e non sexas preguizeiro. Motívate co desafío ó que te enfrontas, disfruta do camiño e conseguirás o mellor para o teu proxecto, deste xeito será máis probable que consigas innovar.

Así que agora, se estás intentando crear un novo proxecto innovador na túa empresa, lanzar un novo servicio, crear unha nova empresa ou mellorar diferentes aspectos da túa vida: xa estás listo para afrontalo, aínda que esperamos que os teus problemas sexan diferntes dos que se enfronta o Señor Lobo na película Pulp Fiction 😉

Leave a Reply