Formación en Design Thinking

¡Aprende a metodoloxía do Design Thinking e potencia as túas capacidades e as da túa organización nos campos da creatividade, a innovación, o traballo en equipo, a comunicación e a intelixencia emocional!

Realizamos o deseño e desenvolvemento de cursos de formación en Design Thinking personalizados para particulares, startups, empresas, ou organizacións que buscan a innovación en diversos sectores: servizos, educación, saúde, enxeñaría, turismo, marketing, agroalimentario ou social entre outros.
Cremos que a educación debe adaptarse ó contexto, xa que tanto as persoas coma a contorna son moi diferentes duns lugares a outros. Analizando ó noso detectamos que a nivel formativo temos unha serie de carencias nos ámbitos da creatividade e a comunicación en relación a outros países, o que nos impide levar a cabo de forma correcta a metodoloxía do Design Thinking.
Esta é a razón pola que modificamos o esquema tradicional da metodoloxía integrando o storytelling e potenciando o pensamento creativo en cada unha das fases dun proxecto. Ademais, deste xeito visualizamos o Design Thinking como o que é, un proceso non lineal e que funciona por iteracións.
Ofrecemos un modelo formativo cun enfoque práctico e participativo, no que o alumno aprende con proxectos reais realizados en equipos multidisciplinares e nun entorno onde se favorece a comunicación e o desenvolvemento creativo.
A nosa oferta de formación é variada e adaptada a diferentes tipos de clientes, así ofrecemos:
Cursos de Design Thinking básicos, intermedios e avanzados
Bootcamps intensivos de Design Thinking
Formación a nivel experto en Design Thinking