Design Thinking en salud
12
Jul
2016

O Design Thinking na saúde

Grandes avances no ámbito sanitario

O ámbito da saúde sufriu grandes cambios ó longo das últimas décadas, especialmente polos avances tecnolóxicos conseguidos nos últimos anos. Esta evolución supuxo unha mellora nos procedementos de diagnóstico e intervencións cirúrxicas, así como na fabricación de produtos farmacéuticos, en estratexias de promoción da saúde ou na prevención da enfermidade.

A pesar dos múltiples beneficios que supoñen ditos avances, isto provocou que a práctica da medicina voltara máis complexa, debendo ter en conta factores cos que anteriormente non se contaba, coma a experiencia do paciente. En relación a isto, actualmente en España estanse a facer grandes avances, sen ir máis lonxe, este mesmo ano acudimos en Madrid á celebración do I Congreso de Experiencia do Paciente, e en setembro celebrarase en Barcelona o Expatient Barcelona Congress, sobre esta mesma temática.

É por isto que hoxe en día falar de saúde implica non só falar de enfermidade, senón tamén, e especialmente, de persoas e experiencias. Aínda que o sistema sanitario ten moito que mellorar aínda, as estratexias e reflexións sobre como debemos mellorar a saúde, desde a xestión sanitaria ata o desenvolvemento de equipos médicos ou dispositivos para pacientes, debe poñer o foco nas persoas. E se hai uns profesionais que se ocuparon das persoas e das súas necesidades, estes son os deseñadores.

O Design Thinking no sistema sanitario

sala-de-espera-hospital

Fuente: Hospital Internacional Medimar

Como xa mencionamos en numerosas ocasións, a metodoloxía do Pensamento de Deseño é un proceso de innovación sistemático que prioriza a empatía polos usuarios finais, prestando especial atención ós seus desexos e necesidades, co obxectivo de comprender exhaustivamente o problema para desenvolver solucións máis eficaces, integrais e adaptadas ó destinatario final. Isto é o que fixo que o Design Thinking se empregase cada vez máis en ámbitos coma a saúde.

Tendo en conta os problemas actuais da nosa sociedade (crise, recortes, política…) e a complexidade do noso sistema sanitario (unido á competencia existente na sanidade privada) se unha organización quere converterse nun sistema de saúde exitoso debe ser capaz de innovar na prestación de servizos, transcendendo todas as fronteiras xeográficas, políticas e sectoriais.

O Design Thinking pode aportar ós profesionais da saúde a integración de enfoques máis creativos, interdisciplinares e centrados nas persoas, o que axudará na mellora da xestión sanitaria e na innovación dentro do sector.

Beneficios do Design Thinking para o paciente

relacion-paciente-profesional

Fuente: Estética link

Os beneficios que pode aportar a visión do Design Thinking no ámbito sanitario son múltiples, pero os relacionados cos pacientes probablemente sexan os que provocan unha maior preocupación social, precisamente porque é algo que nos afecta a todos, pois nalgún momento da nosa vida pasaremos por ese rol do sistema sanitario.

Entre os beneficios que aportou a aplicación do Pensamento de Deseño na saúde destacan a mellora da experiencia do usuario na interacción coas máquinas (reducción da ansiedade e do medo), a mellora da comunicación profesional-usuario (a comunicación médico paciente ou farmacéutico-consumidor, por exemplo) ou aumentar a comodidade e mobilidade dos pacientes. Todos estes beneficios pódense explicitar unha serie de exemplos reais:

Algunhas das aplicacións máis coñecidas do Design Thinking na saúde foron levadas a cabo pola compañía GE Healthcare, esta non só aplica a metodoloxía para a innovación e desenvolvemento de novos instrumentos e ferramentas médicos, senón tamén na experiencia do paciente.

Doug Dietz foi o primeiro en aplicar o Design Thinking neste sentido. Doug é un deseñador industrial que traballaba para a compañía dende había máis de 20 anos, creou unha máquina revolucionaria para facer resonancias que, a nivel tecnolóxico, supuxo un enorme avance médico. Porén, descubriu que as persoas (e especialmente os nenos) tiñan medo e sufrían auténticos ataques de ansiedade cada vez que tiñan que empregar a súa máquina. Partindo deste sentimento dos pacientes, da súa experiencia, Doug propuxo redeseñar o exterior da máquina, así como a sala onde se realizaban as resonancias, ata converter o seu invento nunha nave espacial ou nun barco pirata. Isto fixo que facer unha resonancia magnética fose para os nenos unha auténtica experiencia de xogo.

resonancia-barco-pirata

Fuente: Open Ideo

Outro exemplo de experiencia é o redeseño dun traxe de paciente, que soen ser bastante incómodos para os usuarios, especialmente para os máis pudorosos. Por iso se plantexou deseñar un novo pixama que puidera ser empregado tanto dentro coma fora do hospital sen pasar vergoña.

Tamén é moi coñecido o caso dun deseño que elimina a necesidade de empregar soportes para o soro, introducindo o dispositivo nunha bolsa transportable, o que facilita a mobilidade dos pacientes con cancro e outras enfermidades dentro do hospital.

Leave a Reply