El impacto de la música en la publicidad
27
Sep
2016

O impacto da música na publicidade

A música na publicidade

O binomio música-publicidade é incuestionable, sería incapaz de enumerar todos e cada un dos anuncios que empregaron a música nos seus spots, ben como fío condutor ou ben como elemento memorístico ou para resaltar o logo da marca.

A música empregada na publicidade pode ser de dous tipos: unha canción que existían previamente e se utiliza con fins comerciais no anuncio (seguro que todos recordamos o anuncio de Amena: libre, como el sol cuando amanece yo soy libre, como el mar…), ou ben unha canción creada exclusivamente para o mesmo. Sexa como sexa, o certo é que moitos anuncios lograron o éxito gracias á música seleccionada.

musica-publicidad-television

A música como elemento memorístico

Pero, por que algúns anuncios triunfan debido á música? que efecto ten a música en nós? Pois ben, un dos principais motivos polos que se empezou a empregar a música nos anuncios (e seguro que os escoitastes en multitude de ocasións) é porque axuda a memorizar. Para mostra un botón:

-Es el Cola-Cao desayuno y merienda…

-El Lobo, qué gran turrón…

-Llaaaaaama a pizza móvil, veeeeeen a pizza móvil…

-Leche, cacao, avellanas y…

Seguro que todos ou case todos (aquí a idade é un factor a ter en conta) lográchedes rematar estas “cancionciñas” ou “jingles”, é porque os temos memorizados, inconscientemente aprendimos esas cancións, dun xeito sutil e sinxelo, coa exposición repetida ós anuncios. Está demostrado que empregar música no anuncio supón un 90% de recoñecemento da marca, un 30% máis que empregando tan so elementos verbais (León, 1996).

O impacto emocional da música

E ademais de axudar á memorización, a música pode asociarse con estados de ánimo e situacións pasadas (Juslin, 2009). Se unha marca logra xerar durante o seu anuncio unha sensación agradable e placenteira no espectador, en teoría, cando este volva a escoitar a música experimenará de novo esas sensacións, asociando a marca a algo agradable, por exemplo. E ese é o principal poder da música: a xeración ou expresión de emocións no individuo (Caballero-Meneses y Menez, 2010; Jauset, 2008).

Por todo isto non é de extrañar que os anuncios (tanto de televisión como radio, e tamén redes sociais) empreguen con frecuencia melodías ou elementos musicais para asociar a súa marca e/ou os seus produtos a determinadas sensacións, ou para mellorar o recordo dos mesmos.

O uso do silencio na publicidade

Pero nun mundo onde recibimos miles de impactos diarios, tanto visuais como auditivos, procedentes de todas partes e en todo momento… é posible que darlle un respiro ó espectador poida resultar unha estratexia publicitaria eficaz? Pois iso é o que fixeron algunhas marcas, entre elas Mini, que para anunciar o 0% TAE ocurríuselles facer “o anuncio con menos interese”, onde so amosaban un home entrando nun Mini, con sonido ambiente de rúa, sen estrondos, algo moi sutil, que acabou chamando a atención dos espectadores que deixaron de mirar as pantallas dos seus móbiles para levantar a cabeza cara ó televisor e preguntarse por que non emitía música, sonidos fortes ou nomes de marcas 😉

Caballero-Meneses, J. y Menez, M. (2010). Influencia del tempo de la música en las emociones. Revista Colombiana de Psicología, 19, 37-44.
Jauset, J. (2008). Música y Neurociencia: la musicoterapia sus fundamentos, efectos y aplicaciones terapéuticas. Barcelona: UOC.
Juslin, P. N. (2011). Music and emotion: Seven questions, seven answers. In: I. Deliège y J. Davidson (Eds.). Music and the mind: Essays in honour of John Sloboda (pp. 113-135). New York: Oxford University Press.
León, J. L. (1996). Los efectos de la publicidad. Barcelona: Ariel.

Leave a Reply