Producto mobiliario urbano

Info

Proyecto Design Thinking no deseño de novos conceptos de mobiliario exterior para a cidade de Seúl
Cliente Seoul Metropolitan Government
Año 2011

O concepto Fix & Sit surxiu tras analizar o comportamento dos usuarios nos parques. A maioría deles son reacios a sentarse en pendentes pronunciadas debido á incomodidade e á inseguridade que produce.

Este é o motivo polo que algunhas áreas dos parques están cheas mentres que outras están practicamente baleiras.

A cadeira Fix & Sit resolve este problema empregando un sistema de fixación ó chan, o cal está inspirado nos piolets empregados na escalada. O ángulo da cadeira é axustable desde 0º a 45º.

O material principal é a madeira de Bambú e contén un panel solar integrado, o cal captura a enerxía polo día para empregala pola noite iluminando unha caixa de luz LED situada no interior.