Vermis ordenador Fujitsu
Vermis ordenador Fujitsu

Info

Proyecto Vermis - Finalista do concurso internacional Fujitsu Design Award
Cliente Fujitsu
Año 2011

Aplicando a metodoloxía do Design Thinking analizamos a evolución do mundo da computación ata o ano 2010, realizamos entrevistas en profundidade tanto a early adopters como a usuarios medios de diversas idades e investigamos sobre as últimas tecnoloxías e materiais desenvoltos nos centros de investigación máis punteiros a nivel mundial, coma o MIT.

Con esta información e aplicando técnicas de creatividade como as analoxías fantásticas, imaxinamos cara onde podería evolucionar o mundo da computación ata o ano 2020. Así creamos esta proposta nun momento onde os weareables, a computación ou a nanotecnoloxía eran conceptos moi distanciados do usuario medio.

Vermis está composto por dous elementos, unha cápsula do tamaño dunha pila que funciona a modo de CPU e un material intelixente que se conecta á cápsula e varía a súa forma segundo os impulsos eléctricos xerados polo software.

Este material intelixente leva integrado un nanoproxector de hologramas táctiles, permitíndonos interactuar coa imaxe e levando á mínima expresión o concepto de pantalla que había no ano 2010.