Técnica de creatividad SCAMPER
14
Sep
2016

Técnicas de creatividade: SCAMPER

Sabedes o que é SCAMPER?

Se recurrimos ó diccionario, dinos que os significado de scamper é correr ou precipitarse, porén en termos de pensamento creativo o significado é outro. SCAMPER é unha técnica de creatividade que toma o seu nome das iniciais das 7 palabras que se amosan a continuación:

Substitute (Sustituir), Combine (Combinar), Adapt (Adaptar), Modify (Modificar), Put to other uses (Poner noutros usos), Eliminate (Eliminar) e  Rearrange (Reordenar)

Esta técnica de creatividade foi creada por Bob Eberlee a partir dunha lista de verificación desenvolta por Alex Osborn, o inventor do brainstorming. Se tivésemos que definila coas nosas propias palabras, a técnica SCAMPER é unha serie de brainstormings acotados, encadeados e complementarios.

Como facer un SCAMPER

scamper-brainstorming

A posta en práctica é moi sinxela e comeza por identificar o produto, marca ou servizo como obxectivo para melloralo ou redeseñalo. Unha vez temos o obxectivo localizado, o seguinte paso é buscar opcións de mellora aplicando o listado de palabras que vimos antes. Para isto preguntarémosnos “que se pode…?” seguido de  sustituir, combinar, adaptar, modificar, poñer noutros usos, eliminar ou reordenar no noso obxectivo.

A partir de aquí e con cada pregunta aplicaremos a técnica do brainstorming para obter ideas. Isto permitiranos enfocar a busca de solucións, definilas mellor e darlle opcións ó cerebro para que non se bloquee durante o proceso, tendo así moitas alternativas nas que plantexar melloras.

É moi importante en SCAMPER, como no brainstorming, non xulgar as ideas ata unha segunda fase de filtrado, xa que de xeito contrario paralízase o proceso de innovación.

Esta técnica é moi empregada nas empresas para mellorar produtos, marcas ou servizos que xa están no mercado, o que se coñece como un redeseño. É moi útil se temos de base unha boa análise do mercado e do usuario sobre a cal traballar, xa que, con pequenos cambios, pódese chegar a novas solucións que melloren moito a calidade de vida, a percepción ou a experiencia do usuario.

Un exemplo de éxito da súa aplicación é Coca Cola, que gracias a esta técnica cambiou a composición da bebida, a comunicación do uso da mesma ou a estratexia nos puntos de venda, chegando así a moito máis público e incrementando notablemente o nivel de beneficios.

Ademais disto, a técnica SCAMPER funciona coma un moi bo activador nas primeiras fases do proceso creativo, xa que ó acotar a xeración de ideas en accións definidas, o cerebro vai de modo progresivo collendo ritmo. Este é o motivo polo cal desde Designthinking.gal a recomendamos como a técnica de creatividade ideal para a volta ó traballo 😉

Leave a Reply