Vantaxes do Design Thinking

O Design Thinking está supoñendo un cambio de paradigma na innovación das organizacións en todo o mundo. O principal motivo son as vantaxes que ofrece esta metodoloxía e que se resumen nas seguintes:

-Analízase moi ben o usuario ó que vai dirixido o proxecto mediante técnicas de investigación de mercados e análise do usuario.

-Poténciase a capacidade creativa e un enfoque disruptivo que aporte ideas innovadoras ós problemas ou necesidades do usuario.

-As solucións que se obteñen están moi ben definidas, xa que se basean no traballo en equipos multidisciplinares. Isto aporta ó mesmo tempo unha mellora significativa na coordinación dos equipos de traballo, a súa comunicación e a súa sinerxia colaborativa.

-Os proxectos son testeados previamente polo usuario para obter o seu feedback, polo que as posibilidades de éxito e o aforro de custos son moito maiores. Deste xeito convértese nunha ferramenta moi eficaz na toma de decisións xa que, coma na cultura científica, o Design Thinking está baseado en datos obxectivos, na experimentación e o testeo.

-A comunicación dos proxectos mellora de maneira exponencial, debido a que o grao de empatía co usuario é moi alto e a que empregamos ferramentas como o storytelling para enviar a mensaxe

“Aqueles que din que algo non pode facerse, soen verse interrumpidos por alguén que xa o está facendo” (Joel A. Barker)