SCRUM
Sabedes o que é Scrum?
Se vos gusta o rugby seguro que si, scrum é o termo que se emprega en inglés para denominar o avance dos xogadores cando forman unha melé. Ademais disto, scrum é un proceso de desenvolvemento áxil de proxectos en equipos multidisciplinares (normalmente asociado ó desenvolvemento do software) e con moitos paralelismos co DesignThinking, de feito procede do ámbito do produto.
Este proceso foi definido por Ikujiro Nonaka e Hirotaka Takeuchi a principios dos anos 80, despois de analizar como desenvolven os seus produtos as empresas de referencia no ámbito da tecnoloxía, como Fuji-Xerox, Canon, Honda, NEC, Epson, Brother, 3M o Hewlett-Packard.
Para levalo a cabo é necesario contar con varios axentes que resultarán chave no desenvolvemento do proxecto:
Scrum Master. É quen xestiona o proxecto e o encargado de que siga o proceso de SCRUM do mellor xeito. Establecendo un paralelismo co pensamento lateral, sería a figura do sombreiro azul dos seis sombreiros para pensar de Edward de Bono.
Product Owner. Representa ós usuarios e usuarias do produto e elixe as necesidades a resolver por orden de prioridade.
Team. É o equipo que levará a cabo o proxecto e que está composto por: developer (encargado de desenvolvemento), tester (verifica que o produto funciona correctamente) e customer (fai o rol de usuario final).
Cliente. É o cliente que quere realizar o proxecto, o cal participa de forma activa desde o primeiro día ofrecendo un feedback constante de cada prototipo funcional que se realiza.
Como se realiza o proceso de innovación en SCRUM?
Coma no Design Thinking, en SCRUM tamén se parte das necesidades dos usuarios, as cales se indican no product backlog, asignaselles un tempo de realización e ordénanse por prioridade. O encargado de realizar a selección destas necesidades é o Product Owner. Esta fase de product backlog é en SCRUM o equivalente a empatizar e definir no Design Thinking.
Unha vez temos as necesidades ou problemas a solucionar definidos por prioridades e tempos, organízanse en sprints. Os sprints son espazos temporais, entre unha e catro semanas, durante os que se desenvolverán os elementos do backlog seleccionados, coa misión de que ó rematar cada teñamos un produto potencialmente entregable. Estes sprints unifican a parte de idear e a de prototipar do Design Thinking.
En SCRUM hai un seguemento constante de cada sprint para que entre en prazos, de xeito contrario non se podería cumprir cos entregables ó cliente. Este seguemento permite ó SCRUM Master sacar métricas de forma constante e poder predecir se o proxecto se rematará a tempo ou se pola contra hai que facer cambios no funcionamento do equipo de desenvolvemento.
Esta predición pódese realizar grazas á ferramenta do Burn Down Chart. Esto é unha gráfica composta por unha liña que conecta todos os puntos dos sprints rematados, a cal pódese prolongar para ver en que data cortaría coa horizontal, o que indicaría o fin do proxecto.
Burn Down Chart
SCRUM é un proceso que permite certa flexibilidade e adaptación ós requerimentos dos clientes, xa que ó realizar pequenos entregables obtemos feedback de forma constante. É moi recomendable para proxectos cos tempos moi axustados, ben marcados polo cliente ou polas condicións do mercado, onde se necesiten prototipos funcionais de forma rápida, por iso se emprega tanto no ámbito do desenvolvemento de software.
Porén, este axuste nos tempos tamén fai que SCRUM teña unha serie de debilidades se o comparamos co Design Thinking:
- A análise do usuario non é tan completa, polo que o volume e a cantidade de datos obtidos na fase de empatizar son menores.
- A profundidade na análise dos insights é menor, xa que se solapa a fase de definición coa de empatizar.
- Ó unificar a parte de idear co prototipado, limítanse as ideas máis disruptivas favorecendo aquelas máis factibles de realizar.
Modelo de iteracións constantes
Nós definímolo como un proceso de Design Thinking express e sintetizado, cunha xeración de prototipos funcionais a base de iteracións constantes que son avaliadas polo clientes e testeadas co usuario.
Pingback : Transformación dixital e Design Thinking. Redeseñando a experiencia de usuario | designthinking.gal