Comunicación

Ó longo dun día calquera unha persoa percibe centos de estímulos, xerando así unha saturación no individuo, isto provoca que cada vez custe máis chegar coas nosas mensaxes ao público obxectivo. Crear unha comunicación eficaz e adaptada ao noso target é fundamental, por iso ofrecemos distintos servizos enfocados a este obxectivo.

Storytelling

Gústanos definir o storytelling como a arte de contar historias para impactar á audiencia. A eficacia a nivel neurolóxico do storytelling axudaranos a crear comunicacións que xeren un maior impacto nos nosos espectadores, especialmente en campañas de branding, content márketing ou estratexias de social media.

Técnicas de venda

A comunicación cos clientes é un punto de especial relevancia que todas as persoas que traballan cara ao público deben dominar. Existen numerosas técnicas de vendas como a análise de perfís habituais, o traballo dos 3 niveis de comunicación, obter e producir feedback, etc. Todas elas trabállanse en profundidade para conseguir unha boa capacitación en vendas.

Marketing e publicidade

Nunha sociedade onde a saturación publicitaria ha chegado a niveis desorbitados é fundamental elaborar un bo plan de márketing que analice en detalle a nosa imaxe corporativa e a comunicación publicitaria.