curso analisis usuario nueva normalidad
2
Set

Como facer investigación de mercados na nova normalidade

Esta situación de pandemia mundial que estamos a vivir modificou moitos ámbitos da nosa vida: persoal, laboral e social. Tamén nos negocios supuxo cambios profundos nos modos de proceder e mesmo nas necesidades das persoas, que cambiaron substancialmente respecto a épocas anteriores. Todo iso fai que mesmo a investigación de mercados deba reformular ou adaptar a súa metodoloxía para poder analizar ao usuario desta nova realidade.

As preocupacións e condutas do consumidor fronte a nova normalidade

Ao comezo da nova normalidade xa nos preocupaba a saúde, a economía, a estabilidade laboral ou a seguridade, pero agora preocúpannos aínda máis co incremento de casos que estamos a sufrir en España. E estas preocupacións derivan irremediablemente en modificacións de conduta: compras de proximidade, adquirir produtos ou servizos de lugares seguros, restrinxir o lecer, buscar opcións de lecer ao aire libre ou con pouca xente, etc. De feito, xa hai algúns comportamentos que parece que empezan a establecerse entre a poboación, quizá de forma máis ou menos permanente, como os de aforro, compra de marca branca ou maior consumo  online.

Con todo tamén se observan outros comportamentos que van na dirección contraria aos mencionados, como o darse caprichos adquirindo produtos de luxo ou alta gama, saíndo a comer ou cear en restaurantes ou mesmo valorando a compra de vehículos novos. A situación que estamos a vivir é nova para todos, como persoas individuais e tamén como profesionais, polo que os investigadores de mercado debemos estar máis atentos que nunca a estes cambios e ás novas tendencias.

A análise do consumidor na nova normalidade

usuario mascarilla nueva normalidad

O mundo tal e como o coñeciamos antes do Covid-19 é probable que non volva existir, polo menos non a curto prazo, e como investigadores debemos adaptarnos de forma áxil e rápida a estas novas circunstancias. Isto quere dicir que a nosa metodoloxía de investigación tamén debe adaptarse, utilizando técnicas que nos permitan seguir os protocolos de actuación fronte ao coronavirus (distancia social, máscara…) ao mesmo tempo que conseguimos información válida e fiable do noso usuario.

Neste tempo de incerteza e cambios constantes a análise do consumidor xoga un papel fundamental á hora de desenvolver novos produtos e servizos, pero tamén á hora de adaptar os xa existentes ás novas necesidades que xurdiron froito desta pandemia. A investigación de mercados é unha das claves para sobrevivir a esta crise económica.

Por todo o anterior estivemos traballando nun curso online sobre análise do usuario que teña en conta esta situación actual, adaptando as técnicas de investigación á nova normalidade. Tamén analizamos de forma detallada os cambios que se foron producindo no consumidor e tratamos de detectar algunhas das tendencias que empezan a asomar nesta situación.

Se queres aprender sobre investigación de mercados ou reformular as técnicas tradicionais á nova normalidade, non dubides en matricularche no noso curso 😉

Leave a Reply