O entorno
Cando nos decidimos a crear un proxecto hai varios factores que son clave e que marcarán o éxito ou o fracaso do mesmo. Dalgúns deles como a confianza ou o traballo en equipo xa falamos en anteriores artigos deste blog.
Hoxe falaremos doutro factor clave e do que moitas veces non somos conscientes, pero que sempre está ahí, este factor é o entorno.
Cando falamos de entorno non nos referimos só ó entorno de traballo, senón que o facemos no seu sentido máis amplo. Dependendo de como sexa este e a nosa permeabilidade con el, os resultados do proxecto veranse condicionados dun ou doutro xeito, habendo diferencias moi significativas entre uns entornos e outros.
Antes de comezar cun proxecto temos que identificar os elementos dese entorno que máis nos poden condicionar e ser conscientes de iso, deste xeito terémolos presentes durante todo o proceso e poderermos poñelos ó noso favor á hora de crear. Algúns deses elementos son os seguintes:
A nosa situación xeográfica. As horas de luz, o clima, se vivimos nunha cidade ou no rural, na costa ou no interior, etc…
O noso círculo social. A familia, os amigos,os coñecidos e a súa idiosincrasia
Os medios de comunicación. A prensa, a televisión, a radio, as redes sociais, os blogs e os foros, etc…
A cultura do lugar. As tradicións, costumes, coñecementos, etc…
Todos estes elementos son condicionantes que sempre están presentes e nos que moitas veces non reparamos, pero que hai que ter en conta para xerar un entorno favorable que nos facilite a realización do noso proxecto.
Cada un deles ten especial importancia e está ligado a determinadas fases da metodoloxía do Design Thinking, onde pode influir definitivamente:
A nosa situación xeográfica intervén de forma definitiva sobre todo na fase de ideación do proceso de deseño. Nesta fase é fundamental que nos atopemos nas mellores condicións posibles tanto física como mentalmente, deste xeito será moito máis doado producir boas ideas. Así, non é o mesmo facer un brainstorming nunha sala con luz natural que nun baixo cunha lámpara, rodeados do ruido da cidade ou na tranquilidade do rural, nun lugar frío ou nun quente, etc…
O noso círculo social, é especialmente importante sobre todo na fase de testeo. Normalmente son as primeiras persoas que nos van a dar o feedback do noso proxecto, polo tanto temos que intentar analizalo dunha maneira obxetiva e que non nos afecte máis que outras opinións, nin para ben nin para mal.
En canto ós medios de comunicación, poden ser moi transcendentes nas fases máis críticas de desenvolvemento do proxecto. A realidade percibida está moi condicionada por eles e dependendo do filtro que apliquemos na obtención da información, a nosa realidade será unha ou outra. Por exemplo, se esta realidade nos sitúa nun contexto moi negativo a todos os niveis, é máis dificil pensar de xeito optimista ante calquer tipo de dificultade que xurda no proxecto.
Como último elemento está a cultura do lugar. A cultura é o marco onde se encadra un proxecto, e polo tanto actúa como condicionante durante todas as fases do proceso, pero é especialmente importante nas fases que hai un contacto directo coas persoas,as cales son a de empatizar e a de testear.
En definitiva, durante a realización de calquer tipo de proxecto temos que intentar controlar cada un destes elementos que forman o noso entorno e na medida do posible poñelos ó noso favor. Así os resultados serán mellores e poderemos desfrutar moito máis o proceso para conseguilos.