creatividad
21
Abr

Celebrando o Día Mundial da Creatividade e a Innovación recordando a Da Vinci

Según a RAG a creatividade é a capacidade de crear e inventar, porén en DesignThinking.gal pensamos que a creatividade é moito máis que iso.

Moi ben, entón que é a creatividade?

Persoalmente gústame definila como a capacidade ou proceso mental de percibir o que nos rodea e de xerar ideas que aporten valor a partir desa percepción.

A creatividade é, xunto á comunicación, o que nos permitiu sobrevivir e evolucionar como especie, mentres que a comunicación nos permitiu organizarnos e transferir coñecemento, coa creatividade solucionamos os problemas e creamos o futuro; razón máis que suficiente para adicarlle unha data no calendario.

O motivo de que sexa o 21 de abril é en honra ó nacemento e Leonardo Da Vinci, ainda que el naceu o 15 de abril, unha decisión sen dúbida moi creativa:)

Loonardo-da-vinci-bien

Da Vinci é un dos personaxes máis recoñecidos polo desenvolvemento da súa capacidade creativa en múltiples campos, desde a pintura ou a arquitectura á escultura, a poesía ou a enxeñaría.

Históricamente a creatividade está máis asociada a unhas profesións que a outras, normalmente da rama artística-deseño, aquitectura, pintura, música, etc. Quizáis é debido a que detrás dunha creación artística non hai un proceso definido e estudiado de como chegar a ela, de como xurdiu a idea e se levou a cabo. Dicir que o realizador da obra é moi creativ@ dalgún xeito o explica.

Porén esta percepción é un grave erro, a creatividade está en todos os ámbitos xa que é inherente ó ser humano. A economía, a psicoloxía, o deporte, as matemáticas ou a ciencia nunca avanzarían sen creatividade, sen esa capacidade de percepción e de xeración de novas ideas que aportasen valor e que axudasen a innovar. Algúns exemplos de creatividade aplicada a estos ámbitos son Maslow, Cruyff, John Nash ou Einstein.

Desde Leonardo Da Vinci ata os nosos días escribiuse moito sobre a capacidade para crear do ser humano e a orixe da mesma, porén ainda hai máis preguntas que respostas.

Os últimos avances en neurociencia demostraron o que varios estudiosos do ámbito creativo xa enunciaran no seu momento e que en DesignThinking.gal recalcamos moito en cada un dos nosos obradoiros.

A creatividade poténciase máis canto maior é a cantidade e variedade de información ou inputs recibidos.

Para que a lámpada da creatividade se acenda temos que apagar o botón do medo 😉

Leave a Reply